WhatsApp Image 2019 08 26 at 10.12.534

Tras o éxito acadado nas actividades de conciliación familiar do verán 2019, o Concello da Baña organiza un novo campamento urbano para a primeira semana de setembro, sumándoo así ao xa rematado campamento lúdico-deportivo do mes de xullo e ao que aínda está a desenvolverse durante estes días na área recreativa de Agra de Chans.

Esta nova actividade levarase a cabo entre os días 2 e 6 de setembro (ambos incluídos) en horario de 8.30 a 14.00 horas, tamén na Agra de Chans, e estará dirixida a mozos e mozas que teñan entre 3 e 14 anos

As interesadas poderán inscribirse na casa do concello e aboarán os 10 euros correspondentes por cada neno que custa o campamento.

20190816 Transporte Escolar

O Concello da Baña pon a disposición dos adolescentes que vaian cursar Bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2019-2020 un servizo de transporte para facilitarlles os desprazamento ata os centros escolares.

As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán poñerse en contacto canto antes coa concellaría de Cultura para comunicar os datos pertinentes e facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas.

Infórmase aos pais, nais e titores do alumnado matriculado anteriormente no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña que o prazo de renovación de matrícula para o curso 2019/2020 estará aberto entre os vindeiros días 19 e 23 de agosto, ambos incluídos. A documentación a presentar na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais da Baña para efectuar a inscrición é a seguinte:

  • Declaración renda do 2018
  • 3 fotos recentes
  • Fotocopia libro de vacinas

 

20190808 Camapamento Bergantiños

O Concello da Baña organizou un campamento en Cabana de Bergantiños para os veciños e veciñas de entre 8 e 16 anos durante a semana, do 29 de xullo ao 4 de agosto. Tras pasar uns divertidos días gozando de actividades lúdico-deportivas na localidade costeira, a cativada xa está de volta e cunha morea de experiencias novas para o recordo.

Os 22 rapaces e rapazas da Baña que se trasladaron xunto a 4 monitores a Cabana de Bergantiños xa están na casa. Este campamento organizado polo Concello contou con actividades de todo tipo como piragüismo, tiro con arco, obradoiros de pulseiras e atrapasoños, rutas de sendeirismo por Ponteceso e mutitude de xogos variados na praia, así como veladas nocturnas cargadas de sorpresas para os participantes e a gravación dunha parodia dun videoclip.

20190731 Entrega Diplomas Campamento A Baña

O campamento lúdico-deportivo da Baña, que se celebrou durante o mes de xullo, rematou esta mañá cunha divertida xornada de troula para a cativada. Onte, día 30, os nenos e nenas  gozaron cunha festa de escuma e inchables na área recreativa de Chans, mais o prato forte chegou hoxe coa actuación de Xoán Curiel, músico da Fonsagrada. A concelleira Mónica González Blanco aproveitou a ocasión para repartir xunto co equipo de monitores os diplomas do curso de natación.

O campamento lúdico-deportivo 2019 do Concello da Baña puxo hoxe punto e final a todo un mes de diversión xunto á cativada do municipio. Xoán Curiel, cantante e compositor recoñecido internacionalmente e con moitos premios as súas costas pola orixinalidade dos seus temas, compartiu o seu fabuloso espectáculo con todos e todas as participantes desta edición do campamento. 

Antes de todo, Mónica González Blanco, concelleira de Educación, Cultura, Servicios Sociais e Deportes, repartiu xunto cos monitores e monitoras da actividade os diplomas do curso de natación que recibiron os cativos durante o campamento. 

Estas dúas xornadas pecharon o campamento lúdico-deportivo, organizado polo Concello da Baña e que reuniu a 60 nenas e nenos maiores de 4 anos durante todo o mes de xullo. As actividades continúan agora co campamento urbano, destinado á cativada maior de 3 anos e que se celebrará no mes de agosto.

Album de fotos no facebook do Concello da Baña (neste enlace).

20190731 Actuacion Xoan Curiel A Baña