A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o programa Emprega Xuventude coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

Prazos:
- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación destas axudas deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020.
- As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.  

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

20191220 Apalpador concerto

Mañá venres, día 20 de decembro, toda a cativada da Baña ten unha cita ás 18.15 na Casa da Cultura, para recibir un ano máis a visita do Apalpador, que correrá a cargo da compañía o Carballo con Botas. Pero a diversión non rematará aquí porque ás 19.30 horas Senén Vaamonde, Manuel Dopico e Alfredo Dourado (A Roda) porán música á tarde con ‘Os merlos do amencer’, un concerto didáctico de dinamización lingüística.

20191112 Cartel Canle Whatsapp xuventude

Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes gozar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... Ou non o sabías?

Se non sabías nada disto ou, se aínda coñecendo toda esta oferta, queres apuntarte antes que ninguén, esta mensaxe seguro que che interesa.

En breve, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, poñerá en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp a través do cal se dará a coñecer todos os programas, novidades e futuras accións nas que podes participar como persoa nova. Ao mesmo tempo,responderase tamén a todas as túas dúbidas, preguntas e inquedanzas.

Para poder sumarte a esta iniciativa é necesario o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o teu número de móbil.

No asunto debes poñer: WhatsApp de Xuventude.

 

20191209 Cartel silleda parkA veciñanza da Baña está convidada a participar nunha saída ao Silleda Park o 27 de decembro. O precio da actividade será de 4 euros para os participantes maiores de 3 anos, xa que os menores de esa idade poderán ir gratis. O transporte corre á conta do Concello. O autobús sairá da Praza do Concello o día acordado ás 15.30 horas.

Unha vez no Silleda Park, os asistentes poderán gozar do saltón, simulador, pista de coches, dragón, mini scalextric, inchables, tren da bruxa, pistas deportivas, maquillaxe e globoflexia, do show dos pallasos, da exposición de dinosaurios animatronics e de moitas atraccións e actividades máis.

A volta do recinto feiral internacional de Galicia A BANCA-Silleda-Pontevedra será ás 22.15 horas.

Para apuntarse, os interesados deben dirixirse a Concellería de Cultura do Concello da Baña ata o 24 de decembro, día no que remata o prazo de inscrición. A veciñanza empadroada na Baña terá preferencia.

Os menores deben ir acompañados de un adulto, tendo en conta que non excederá a dous adultos por unidade familiar.

20191022 DiscoverEUO próximo 7 de novembro a Comisión Europea pon en marcha unha nova edición da iniciativa  DiscoverEU que outorgará billetes gratuítos para viaxar gratis por Europa.

DiscoverEU é un proxecto da UE destinado a axudar ás persoas mozas de 18 anos a viaxar e coñecer os países que forman a Unión Europea. A maior parte da viaxe debe facerse en ferrocarril, aínda que para dar o maior acceso posible a todos os lugares, os bonos de viaxe tamén incluirán modos de transporte alternativos como autobuses ou transbordadores. En casos excepcionais, e cando non existan outros medios de transporte, autorizaranse as viaxes en avión.

As viaxes deberán realizarse entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2020 e todos deberán ter unha duración mínima de 1 día e máxima de 30 días, e deberán comezar nun país que sexa Estado membro da Unión Europea.

Para poder ser admitido é necesario ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2001, ambos inclusive, así como ter a nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea no momento da decisión de adxudicación.

Todos os candidatos que sexan elixidos para participar nesta iniciativa converteranse en embaixadores de viaxe de DiscoverEU, polo que deberán contar as súas experiencias de viaxe a través de redes sociais como Instagram, Facebook ou Twitter, utilizando a etiqueta #DiscoverEU

Esta iniciativa permite engadir ata catro amigos ao grupo de viaxe e combinar plans de viaxe con outros participantes do programa.

Se estás interesado/a en formar parte desta nova convocatoria de DiscoverEU, poderás inscribirte entre o 7 e o 28 de novembro de 2019, a través do formulario de candidatura online que estará dispoñible na páxina web oficial de DiscoverEU a partir desa data.

Para máis información, consulta a páxina de DiscoverEU