• O promotor é o Concello de Negreira, xunto cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra
  • As persoas desempregadas interesadas en participar teñen que estar anotadas na Oficina de Emprego Santiago Norte

 

Mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema de garantía xuvenil poderán optar ao Programa de emprego mocidade 2020 para formarse durante doce meses en albanelería e actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería. Para poder ser seleccionados teñen que estar inscritos na oficina de emprego Santiago Norte demandando participar en escolas taller, casas de oficios, taller de emprego ou outros programa de emprego e formación dual.

As bases para a selección de alumnado e de persoal directivo e docente pódense consultar no documento adxunto.

O Concello de Negreira como promotor do ‘Programa de emprego mocidade 2020’, xunto cos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra, é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización dun programa de emprego para as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Neste programa de emprego poderán participar 16 alumnos/as traballadores/as. 8 participantes formaranse na especialidade de  fábricas de albanelería (EOCB0108); e outros 8 na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (AGAO0108).

Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na oficina de emprego Santiago Norte. Poderán ser preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que  demanden algún dos seguintes servizos: escolas taller (código 320), casa de oficios(330), taller de emprego (340), ou outros programas de emprego de formación dual (370). 

As persoas interesadas en participar no obradoiro e que non estean inscritas nos devanditos códigos poden anotarse dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

Quen aínda non estea inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil poderá  facelo dirixíndose á citada oficina a través das seguintes canles:

As persoas interesadas en participar no 'Programa de Emprego Mocidade 2020' como persoal directivo, docente ou administrativo de apoio terán que figurar na oficina de emprego solicitando esas ocupación ou anotarse nas mesmas ata o día 06 de agosto de 2020 (incluído). Poden pedir cita previa na oficina de emprego neste enlace.

Para máis información sobre este proceso poñánse en contacto coa oficina de emprego Santiago Norte (dirección, horarios e teléfono neste enlace).

 

Attachments:
Download this file (20200729_bases_seleccion_alumnado_docentes_Mocidade_2020.pdf)20200729_bases_seleccion_alumnado_docentes_mocidade_2020[20200729_bases_seleccion_alumnado_docentes_mocidade_2020]7070 kB