Mércores, 21 de abril de 2021

Faise pública a listaxe de persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral temporal de tres oficiais albaneis de segunda e cinco peóns de obras públicas ao abeiro do plan de integración laboral da Deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

A resolución do tribunal cualificador pódese consultar no documento adxunto.

 

Martes, 13 de abril de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe de admitidos e excluídos para o proceso de contratación como persoal laboral temporal de tres oficiais albaneis de segunda e cinco peóns de obras públicas ao abeiro do plan de integración laboral da Deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

A realización da proba de galego para as persoas que no teñan o CELGA 1 ou equivalente será o 15 de abril ás 15.00 horas no centro social e da terceira idade (rúa Tedelle, s/n).

A proba práctica (fase de oposición) será o 15 de abril, ás 17.00 horas, na nave municipal (rúa Tedelle s/n).

A resolución da alcaldía pódese consultar no documento adxunto

 

Xoves, 25 de marzo de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras para a contratación como persoal laboral temporal de tres oficiais albaneis de segunda e cinco peóns de obras públicas ao abeiro do plan de integración laboral da deputación provincial da Coruña (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021). 

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o venres 26 de marzo ata o 5 de abril (cinco días hábiles). 

As bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 25 de marzo pódense consultar no arquivo adxunto. 

20210224 PEL RuralO proxecto PEL Emprego Sustentable, promovido pola Deputación da Coruña e financiado nun 80% polo fondo Social Europeo, ofrece itinerarios formativos coa finalidade de crear emprego no ámbito rural. Así, esta liña de actuación do PEL contempla accións en sectores como a gandería, atención sociosanitaria, telasistencia ou agricultura ecolóxica e pretende axudar a combater a perda de poboación no rural da provincia.

A lista detallada de itinerarios e accións formativas, así como a duración e número de prazas de cada unha das mesmas, pódese consultar no documento anexo a esta nova, no que tamén se dá conta dos obxectivos do programa, dos requisitos das persoas participantes e da axuda económica á que estas teñen dereito, entre outros aspectos de interese.

As persoas interesadas en participar neste programa poden obter máis información no Concello da Baña, no teléfono 981 886 501.

REQUISITOS PERSOAS PARTICIPANTES

Para ser admitidas como participantes nas accións dos itinerarios de inserción, as persoas interesadas deberán cumprir cos seguintes requisitos xerais:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a nalgún dos concellos do proxecto.
  • Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos: Persoas desempregadas de larga duración (PLD). Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) Persoas maiores de 55 anos. Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación. Persoas inmigrantes. Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas. Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar. Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

ITINERARIOS FORMATIVOS

  • Competencias clave
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución
  • Xestión de chamadas de teleasistencia
  • Dinamización comunitaria
  • Guía de itinerarios de sendeirismo
  • Emprendemento social en economía circular
  • Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
  • Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Actividades auxiliares en agricultura
  • Agricultura ecolóxica
  • Manexo e mantemento de maquinaria agrícola
  • Actividades auxiliares en gandeiría
  • Gandería ecolóxica
  • Elaboración de leites de consumo e produtos lácteos
  • Operacións básicas de cocina
  • Tratamento de residuos e reciclaxe
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintería
  • Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas

AXUDA ECONÓMICA PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego sustentable no ámbito rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano. O importe desta axuda será de 13,45 euros diarios e devengarase por días de asistencia que teñan a condición de lectivos, non poderá recibirse axuda aqueles días nos que se produza ausencia aínda que tal ausencia estea xustificada.

20210118 Reunion xefe territorial mobilidade coruna

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal, comprometeuse a estudar as peticións formuladas polo alcalde da Baña para mellorar o transporte público polo municipio. Na reunión mantida onte na Coruña, José Antonio Pereira, solicitou máis frecuencias nas rutas de Santiago a Santa Comba e de Santiago a Muxía que pasan pola Baña, e modificar algúns horarios para adaptarse ás necesidades da veciñanza.

Na reunión, José Antonio Pereira trasladoulle a necesidade de mellorar as conexións da Baña con Santiago, tanto no número de frecuencias como nos horarios dos autobuses.

Pereira Gil tamén lle reclamou melloras no transporte escolar, que está tendo moitas deficiencias dende que cambiou a empresa concesionaria deste servizo. Segundo lle trasladou o alcalde ao xefe territorial, nas últimas datas hai escolares que chegan tarde ás clases debido ao transporte escolar e, noutros casos, as rutas están incompletas.

José Antonio Álvarez compremeteuse a estudar todas as peticións do alcalde da Baña e trasladarlle unha proposta de mellora nos vindeiros días.

20210127 certificados de profesionalidade

A Consellería de Emprego e Igualdade abre ata o 11 de febreiro o prazo para solicitar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou vías non formais de formación. 

En concreto, as competencias para as que se abre esta convocatoria de cualificación son:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio  
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
  • Vixilancia e seguridade privada nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
  • Servizos para o control de pragas. Nesta cualificación  non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron na listaxe de espera da anterior convocatoria.

Ao respecto, cabe ter en conta que tanto no caso da atención a persoas dependentes en domicilio como no de socorrismo, hai persoal que está sendo contratado en virtude dunha prórroga de habilitación que vai vencer nos vindeiros meses. Esta é a razón pola que debería inscribirse no proceso de recoñecemento das súas competencias.

En concreto, o acordo de 19 de outubro de 2017 habilitou provisionalmente a persoal dos servizos de atención a dependentes que non contaban coa titulación necesaria. Este permiso, que deixa traballar en Axuda a Domicilio a persoas tituladas en institucións, remata en decembro do próximo año 2022.

Algo semellante ocorre co persoal de salvamento e socorrismo acuático que é beneficiario dun acordo transitorio que chega a súa fin o 10 de abril de 2021. A partir de entón, deberá contar alomenos cun certificado de profesionalidade, a formación mínima esixida tal e como contempla o Decreto 104/2012, de 16 demarzo, e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As persoas interesadas poden inscribirse premendo nesta ligazón.

As bases correspondentes a 2021 pódense consultar premendo nestoutro

A Deputación da Coruña pon en marcha dous cursos de salvamento acuático destinados a mozos e mozas desempregados maiores de 18 anos. As persoas seleccionadas participarán nunha dobre acción formativa: a primeira, de socorrismo en espazos acuáticos naturais, comezará en febreiro; e a segunda, de socorrismo e instalacións acuáticas, desenvolverase a partir de setembro.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no Concello da Baña ata o venres 5 de febreiro ás 12:00 horas. Para iso, deberán presentar un informe de saúde recente, con data posterior ao 11 de xaneiro, e cubrir un formulario.

A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar en ámbolos cursos, o que suporá a obtención dunha dobre titulación. Trátase de certificados de profesionalidade de nivel 2, polo que as persoas candidatas terán que estar en posesión da formación que posibilita o acceso. Asimesmo, terán que xustificar que non padecen ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou afeccións crónicas e deben presentar unha condición física axeitada para adicarse ao salvamento.

Rematado o prazo de inscrición, darase a coñecer a data e o lugar no que se realizarán as probas físicas. As vinte persoas con maior puntuación pasarán logo unha entrevista persoal, á que deberán levar toda a documentación esixida para poder participar nos cursos.

A formación teórico-práctica dos cursos realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña, mentres que as prácticas profesionais non laborais se desenvolverán en praias de concellos da provincia. A iniciativa, enmarcada no Plan de Emprego Local (PEL), leva aparellada a concesión de bolsas para as persoas participantes por un importe máximo de mil euros.

Pódense consultar as bases do proceso e descargar o formulario de inscrición nos arquivos adxuntos.