3 de novembro de 2023


Fanse públicos os resultados provisionais da baremación da fase de concurso para o posto de mestre/a de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) do programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.

As persoas aspirantes teñen de prazo ata o vindeiro luns 6 de novembro ás 14.00 horas para presentar alegacións, se o consideran oportuno. 

Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

 

30 de outubro de 2023


Faise pública a puntuación da proba escrita para o posto de mestre de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) do programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.

As persoas aspirantes teñen de prazo ata o vindeiro xoves 2 de novembro ás 14.00 horas para presentar a documentación baremable para a fase de concurso.

Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

 

27 de setembro de 2023


Fanse públicas as puntuacións totais definitivas para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.

A documentación a presentar no Concello de Val do Dubra para formalizar o contrato será o certificado da conta bancaria, a tarxeta sanitaria e o informe médico.

Os resultados definitivos poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

 

26 de setembro de 2023


Publícase a puntuación total definitiva do alumnado-traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.

Sendo o inicio do obradoiro, o alumnado seleccionado deberá presentar no concello promotor de Val do Dubra, antes do xoves 28 de setembro, o certificado da conta bancaria, a tarxeta sanitaria ou de número de identificación da Seguridade Social (no caso de que nunca traballaran) e o certificado médico oficial.

Os resultados definitivos poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

 

25 de setembro de 2023


Fanse públicos os resultados totais provisionais para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil; todos eles para o programa de emprego Xuventude 2023 que promove o Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.

O prazo de reclamación en todos os casos é de dous días hábiles, ata as 14.00 horas do mércores 27 de setembro de 2023.

As puntuacións poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

 

22 de setembro de 2023


Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas preseleccionadas para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil. Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.

Así mesmo, publícase a puntuación total provisional do alumnado-traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, que pode verse neste enlace e no arquivo adxunto. Ata o martes 26 de setembro ás 14.00 horas, cada participante deberá presentar no seu Concello a acreditación de ser beneficiario de Garantía Xuvenil e a declaración escrita da especialidade definitiva tendo en conta as puntuacións obtidas.

 

21 de setembro de 2023


Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas preseleccionadas como alumnado traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración cos da Baña, Negreira e Santa Comba.

As puntuacións poden consultarse neste enlace ou no arquivo adxunto.

 

14 de agosto de 2023


Mozos e mozas da Baña en situación de desemprego e inscritos no Sistema de garantía xuvenil poderán optar a participar no programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración cos da Baña, Negreira e Santa Comba e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Xuventude 2023 oferta un total de 16 prazas para alumnos/as traballadores/as menores de 30 anos en dúas especialidades formativas: atención sociosanitaria a persoas no domicilio (8 alumnos/as) e dinamización de actividades de templo libre educativo infantil e xuvenil (8 alumnos/as). En ambos os casos é preciso posuír o título da ESO ou as competencias clave nivel 2.

Este programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/as traballadores/as farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que demanden algún dos seguintes servizos: escolas taller (320), casa de oficios (330), taller de emprego (340) e outros programas de emprego formación dual (370).

Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose a citada oficina, e pedindo cita previa no seguinte link: https://emprego.xunta.es/citaprevia/. Tamén poderán inscribirse a través da oficina virtual do SPEG.

A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio é a finais de setembro.

Para máis información sobre este proceso poden poñerse en contacto coas oficinas de emprego de cada Concello participante:

  • Concello da Baña: 682 859 367 / 981 886 501
  • Concello de Val do Dubra (Servizo Local de Emprego): 981 889 000
  • Concello de Negreira: 881 035 162
  • Concello de Santa Comba: 663 728 782

 

Catro persoas da Baña poderán participar como alumnado traballador no obradoiro Xuventude 23 promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio co bañense, o de Negreira e o de Santa Comba. Impartiranse dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, que contará con oito alumnas/os, Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, no que se integrarán outros oito alumnas/os.

No obradoiro, que comezará en outubro e se desenvolverá ao longo de doce meses, poderán participar persoas novas desempregadas de entre 18 e 30 anos. Deberán estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas taller programas (320), Casa de Oficio (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego e formación dual (370). Ademais, como novidade, a convocatoria ábrese ás persoas demandantes de emprego que estean en situación administrativa de suspensión (699). As solicitudes tramitaranse a través da Oficina de emprego de Santiago Norte.

O obradoiro Xuvenil 2023 lanza así mesmo unha oferta de emprego destinada a cubrir as prazas de director/a, mestre/a da especialidade de Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, mestre/a da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, mestre/a de apoio para a especialidade de Atención sociosanitaria (media xornada) e titor/a (media xornada).

As bases da convocatoria poden consultarse premendo nesta ligazón ou no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (BASES OBRADOIRO XUVENTUDE 2023.pdf)BASES OBRADOIRO XUVENTUDE 2023.pdf[ ]697 kB

3 de maio de 2023 


O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que rexerán a convocatoria para a provisión urxente, polo sistema de oposición, de dous oficiais albaneis de segunda e de tres peóns de obras como persoal laboral por un período de cinco meses no Concello da Baña.

Esta convocatoria realízase ao abeiro do PEL-Concellos 2023, o programa da Deputación da Coruña de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.

O prazo para a presentación de instancias é de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio das bases no BOP, na sede electrónica municipal e no Portal de Transparencia do Concello da Baña.

As bases de ambas as convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos.

22 de maio de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía co decreto de aprobación da relación de persoas aprobadas e o requirimiento de documentación nos procesos selectivos de persoal laboral fixo da OPE extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña. 

A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón

 

5 de maio de 2023

O tribunal cualificador fai públicas as valoracións definitivas das persoas participantes nos distintos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña, así como a proposta dos correspondentes nomeamentos. Os procesos afectan ás prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsable da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de atención á infancia, tractoristas operarios e auxiliares do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.

A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón

 

18 de abril de 2023

Os tribunais cualificadores fan públicas as valoracións provisionais das persoas candidatas ás prazas da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña.

Establécese un prazo de 10 días hábiles para reclamacións, a contar desde o día seguinte á publicación dos resultados no taboleiro sede do Concello da Baña.

Convócase para o día 4 de maio ás 10:00 horas na casa do concello ás persoas que teñen que realizar a proba de galego correspondente á praza que non a acreditaran en prazo.

As actas coas valoracións provisionais das persoas candidatas poden consultarse nos arquivos adxuntos.

 

27 de marzo de 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña. Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador destes procesos selectivos.

As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de antención á infancia, tractoristas operarios, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.

 

9 de febreiro de 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes provisional de persoas admitidas e excluídas nos diferentes procesos seleccionavos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilizació do emprego temporal no Concello da Baña.

As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de animador cultural, condutor de servizos sociais, limpiador, profesor de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos do colexio e do polideportivo; técnico de antención á infancia, tractoristas, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.

 

23 de decembro de 2022

Faise público o anuncio da resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE) das bases específicas para os procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do BOE.

O anuncio do BOE pode consultarse neste enlace ou no documento adxunto.

 

13 de decembro de 2022 

O Boletín Oficial da Provincia publica o decreto de aprobación das bases específicas e convocatorias dos procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022.

O decreto pode consultarse neste enlace do BOP ou no documento adxunto.

 

16 de maio de 2022 

Faise público o decreto de de aprobación da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2002, así como as bases xerais que rexerán as convocatorias específicas.

O decreto da convocatoria e as bases xerais que regularán os procesos selectivos poden consultarse no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20220516_Decreto_de_aprobación_da_OPE_Extraordinaria_de_estabilización_2022.pdf)Decreto de aprobación e bases da OPE extraordinaria de estabilización 2022[ ]252 kB
Download this file (20221213_BOP_Bases_OPE_de_estabilizacion.pdf)20221213 Bases específicas e convocatorias da OPE extraordinaria 2022[ ]500 kB
Download this file (20221223_BOE_OPE_estabilización.pdf)20221223_BOE_resolución[ ]188 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Animador_Cultural.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_animador_cultural[20230209_lista_provisional_aspirantes_animador_cultural]140 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Condutor_Servizos_Sociais.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_condutor_servizos_sociais [20230209_lista_provisional_aspirantes_condutor_servizos_sociais ]142 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_LIMPIADOR.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_limpiador[20230209_lista_provisional_aspirantes_limpiador]141 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Profesor_Musica.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_Profesor_musica[20230209_lista_provisional_aspirantes_Profesor_musica]140 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_responsable_OMIX.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_responsable_OMIX[20230209_lista_provisional_aspirantes_responsable_OMIX]141 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Subalterno_Colexio.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_subalterno_colexio[20230209_lista_provisional_aspirantes_subalterno_colexio]142 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Subalterno_Polideportivo.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_subalterno_polideportivo[20230209_lista_provisional_aspirantes_subalterno_polideportivo]142 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Tecnico_Atencion_Infancia.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_tecnico_atencion_infancia[20230209_lista_provisional_aspirantes_tecnico_atencion_infancia]142 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Tractoristas.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_tractoristas[20230209_lista_provisional_aspirantes_tractoristas]140 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_Xornada_Completa_SAF.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_completa[20230209_lista_provisional_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_completa]142 kB
Download this file (20230209_Lista_Admitidos_xornada_parcial_SAF.pdf)20230209_lista_provisional_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_parcial[20230209_lista_provisional_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_parcial]142 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_administrativo_contabilidade.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_administrativo_contabilidade[ ]10551 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_animador_cultural.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_animador_cultural[ ]10735 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_completa.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_completa[ ]10547 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_parcial.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_auxiliar_SAF_xornada_parcial[ ]10336 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_condutor_servizos_sociais.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_condutor_servizos_sociais[ ]10355 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_limpador.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_limpador[ ]10736 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_profesor_musica.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_profesor_musica[ ]10539 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_responsable_OMIX.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_responsable_OMIX[ ]10927 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_subalterno_colexio.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_subalterno_colexio[ ]10164 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_subalterno_polideportivo.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_subalterno_polideportivo[ ]10353 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_tecnico_atencion_infancia.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_tecnico_atencion_infancia[ ]10553 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_tractorista.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_aspirantes_tractorista[ ]10734 kB
Download this file (20230327_Listaxe_definitiva_auxiliares_administrativos.pdf)20230327_Listaxe_definitiva_auxiliares_administrativos[ ]10762 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Administrativo_contabilidade.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Administrativo_contabilidade[ ]274 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Animador_cultural.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Animador_cultural[ ]272 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Animador_deportivo.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Animador_deportivo[ ]272 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Auxiliares_administrativos.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Auxiliares_administrativos[ ]275 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Condutor_servizos_sociais.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Condutor_servizos_sociais[ ]273 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Limpadores.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Limpadores[ ]218 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Omix.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Omix[ ]272 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Profesor_de_musica.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Profesor_de_musica[ ]272 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_SAF_completa.pdf)20230418_Valoracion_provisional_SAF_completa[ ]274 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_SAF_parcial.pdf)20230418_Valoracion_provisional_SAF_parcial[ ]273 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Subalterno_colexio.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Subalterno_colexio[ ]273 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Subalterno_polideportivo.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Subalterno_polideportivo[ ]273 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Tecnicos_de_Atención_Infancia.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Tecnicos_de_Atención_Infancia[ ]274 kB
Download this file (20230418_Valoracion_provisional_Tractoristas.pdf)20230418_Valoracion_provisional_Tractoristas[ ]272 kB
Download this file (20230505_Acta final e proposta de nomeamento.PDF)20230505_Acta final e proposta de nomeamento.PDF[ ]92 kB
Download this file (20230522_DECRETO PROPOSTA NOMEAMENTO OPE.pdf)20230522_DECRETO PROPOSTA NOMEAMENTO OPE.pdf[ ]113 kB

17 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais definitivos das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

13 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace. Ábrese ata o luns 17 de outubro un prazo de reclamacións, que poden ser presentadas nos rexistros dos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba ou Val do Dubra.   

 

7 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace

 

3 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais definitivos para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace

 

28 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

27 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

16 de setembro de 2022

Tras a publicación no día 13 de setembro de 2022 da listaxe provisional, fanse públicos os resultados definitivos na selección do cadro directivo para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

14 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados definitivos de selección do alumnado para o obradoiro de emprego dual Reacciona no concello de Santa Comba. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.

 

13 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados definitivos para a selección do alumnado que participará no Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

13 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas candidatas a levar a dirección do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos neste enlace

 

12 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita dos e das candidatas para postos de dirección, titoría, mestrazgo e persoal de apoio para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.

 

9 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións provisionais dos candidatos e candidatas a alumnado do Obradoiro Dual Reacciona en A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. O prazo de reclamacións está aberto ata as 14.00 horas do 13 de setembro. Podes consultar o documento nos arquivos adxuntos.

 

7 de setembro de 2022

Fanse públicos os baremos dos e das candidatas a ser alumnado do Obradoiro Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.

 

6 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.

Os resultados das persoas aspirantes dos concellos de Santa Comba e Val do Dubra poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

 

5 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.

Os resultados das persoas aspirantes dos concellos da Baña e Negreira poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

 

12 de agosto de 2022

A limpeza das beirarrúas de Carballeira, San Vicenzo ou Vilar da Torre, o mantemento do xardín comestible de Agra da rúa Tedelle, o axardinamento de San Vicenzo e o acondicionamento das áreas de Chans, Chousa ou Fiopáns serán algúns dos traballos que acometa o alumnado do novo programa de emprego dual Reacciona, que promove o Concello de Santa Comba en convenio co da Baña e os de Negreira e Val do Dubra. Cada un deles aportará un total de cinco persoas participantes maiores de 18 anos que deberán estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.

A metade do alumnado seleccionado, un total de dez persoas, formaranse na especialidade Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os outros dez dedicaranse a Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. As persoas que queiran optar a ser preseleccionadas para participar no obradoiro deberán estar apuntadas como demandantes de emprego nos servizos de Escolas taller (código 320), Casas de oficios (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego de formación dual (370) ou ben atoparse en situación administrativa de suspensión de programas experimentais de emprego (699). O prazo para anotarse nos mesmos remata o venres 26 de agosto ás 14.00 horas. É preciso pedir cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/.

O obradoiro Reacciona, subvencionado pola Xunta e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, terá unha duración dun ano e ten como finalidade combinar emprego e formación para mellorar a ocupabilidade de persoas maiores de idade en situación de desemprego.

As bases para a selección do alumnado traballador e o persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Reacciona poderán consultarse no arquivo adxunto.