imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 3358

Con data do 23 de agosto de 2018, publícase a Lista de Substitución do posto de Traballadora Social. Reunida a Comisión de Valoración do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución do posto de Traballadora Social. Persoal laboral temporal. Nomeado por Resolución da Alcaldía 101/2018, do 13 de agosto.

Unha vez realizada a valoración dos méritos presentados polas persoas candidatas procédese á publicación da lista por orde da puntuación acadada, e segundo esa orde procederase aos chamamentos dacordo ao disposto na Base 4 das Bases Xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución.

Esta lista pódese consultar no documento adxunto Lista Substitución do posto de Traballadora Social.



Con data 16 de agosto de 2018 publícase resolución do alcalde da Baña pola que se modifica e amplía a resolución número 101/2018, de 13 de agosto, pola que se aproba a lista de admitidas/os e se publica a composición da Comisión de valoración respecto do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución do posto de traballo de Traballadora Social. Persoal laboral temporal.

Esta resolución pódese consultar no documento adxunto, así como a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (prema aquí para velo).

 

Con data 13 de agosto de 2018 publícase resolución do alcalde da Baña pola que e aproba a Lista de Admitidas/os e se pubicada a composición da Comisión de Valoración respecto do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución do posto de traballo de Traballadora Social. Persoal laboral temporal.

Esta resolución, así como os documentos relativos a todo este proceso, pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

O 27 de xullo de 2018, o Concello da Baña convoca o proceso de formación dunha lista de substitución do posto de traballo da Traballadora Social. A resolución da alcaldía pola que se aproba esta convocatoria e as bases específicas da mesma pódense consultar no arquivo adxunto a esta nova.

A presente convocatoria rexerase polas bases específicas da mesma e polas bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal mediante listas de substitución do Concello da Baña, que se poden consultar neste enlace ao Boletín Oficial da Provincia ou consultar no documento adxunto

Así mesmo, achégase un modelo de instancia para descargar.

Attachments:
Download this file (20180813_RESOLUC ADMITIDOS LISTA TRABALLADORA SOCIAL.pdf)20180813_RESOLUC ADMITIDOS LISTA TRABALLADORA SOCIAL.pdf[20180813 Relación provisional de aspirantes admitidas/os e excluídas/os]141 kB
Download this file (20180816_Relacion_definitiva_persoas_admitidas_excluidas.pdf)20180816_Relacion_definitiva_persoas_admitidas_excluidas.pdf[20180816 Relación definitiva de aspirantes admitidas/os e excluídas/os]687 kB
Download this file (BOP BASES XERAIS BAÑA.pdf)BOP BASES XERAIS BAÑA.pdf[BOP bases xerais contratación personal temporal na Baña]109 kB
Download this file (Convocatoria do proceso selectivo para a substitución da Traballadora Social.pdf)Convocatoria do proceso selectivo para a substitución da Traballadora Social.pdf[ ]2645 kB
Download this file (Lista Substitución do posto de Traballadora Social.pdf)Lista de Substitución do posto de Traballadora Social[ ]493 kB
Download this file (Modelo de instancia.pdf)Modelo de instancia[Modelo de Instancia]118 kB