imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 812

20181128 PAI Baña CARTEL subvencion fondo europeo

O Concello da Baña  vai mellorar as instalacións e dotacións do Punto de Atención á Infancia (PAI) cunha achega recibida da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Cos 28.074,60 euros recibidos, o Concello vai instalar persianas, pavimentar unha zona do patio e crear unha horta medioambiental, ademais de adquirir mobiliario para o interior e unha pantalla dixital para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías aos 20 nenos e nenas de 3 meses a 3 anos que atende o centro.

O importe da axuda ascende a 28.074,60€, que se repartirá en tres bloques de actuacións:

Esta axuda pública, que ascende a 28.074,60 €, está cofinanciada nun 80 % (22.459,68 €) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente. Prioridade de investimento10.5: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.