imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 738

20181210 Escola Enerxia webA Fundación Naturgy e o Concello da Baña organizan unha sesión formativa e informativa para aprender a ler e optimizar a factura da luz e gas natural e así conseguir una aforro no gasto mensual.

O taller, que forma parte da Escola de Enerxía de Fundación Naturgy, celebrarase no Centro Social e da Terceira Idade o vindeiro luns, 17 de decembro, de 11.00 a 12.30 horas.
Expertos da Fundación Naturgy impartirán esta sesión co fin de asesorar ás familias en materia de enerxía e minimizar a factura o máis posible. Recomendan que os asistentes leven a súa factura de luz e de gas (ou as dúas) para aprender a interpretala.

Como os conceptos son común en todas as facturas das diferentes empresas comercializadoras, pódese levar a factura aínda que sexa doutra compañía diferente a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa)