As persoas destinatarias son as familias con menores con idades entre os 3 meses e que non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro do ano anterior o que se presenta a solicitude.

Tipo de xornada: completa a partir de 4 horas ata 8 horas e media xornada que é ata 4 horas. Non se fai discriminación de tarifa por horas, é por xornada.

O horario do PAI é de 7.45 a 15.45 horas de luns a venres, aínda que pode sufrir modificacións en función da demanda das familias. A hora de entrada dos nenos é ata as 10 horas. Os nenos que non coman no PAI teñen que marchar as 13 horas. A hora de recollida dos que si comen é a partir das 15 horas.

Servizos: atención ás necesidades básicas, atención educativa, conciliación da vida laboral e familiar. Non dispón de comedor propio pero quéntase e dáselles a comida que traen da casa.

O prazo de renovación e solicitude de nova ingreso será de 30 días a partir da publicación no BOP da resolución da Alcaldía.( 31 de maio a 30 de xuño de 2016).

A información sobre o procedemento poden consultala no taboleiro de anuncios de Servizos Sociais, no da Educadora familiar e no BOP.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/05/30/2016_0000004251.pdf

Servizos sociais do Concello da Baña: 981 886 501 extensión 1.

Educadora familiar: 608 819 741.

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Solicitudes: ver documentación anexa

Tarifas: ver Ordenanza Fiscal

Attachments:
Download this file (anexos.pdf)anexos.pdf[ ]294 kB
Download this file (FISCAL-PAI.pdf)FISCAL-PAI.pdf[ ]115 kB