imprimir
Categoría: novas
Visitas: 1021

Os días 19 e 26 de novembro de 2016 vanse levar a cabo dous roteiros guiados polo Concello da Baña:

- Roteiro do Tambre, o sábado 19 de novembro. Punto de encontro na carballeira de Ceilán ás 9:30 horas, saída en bus cara Vilar da Torre (Lañas) continuando cara a Fiopáns. Logo realización do roteiro da "Ribeira do Tambre" (5 km) saíndo de Ponte Calexa ata Portochán (Troitosende). Ao remate da camiñata haberá degustación de produtos típicos da zona na casa rural "Ribeira do Tambre" en Quintáns (Troitosende). Colleremos o bus para voltar a Ceilán sobre as 13:30 horas. 

- Roteiro de San Vicenzo, o sábado 26 de novembro. Punto de encontro na carballeira de Ceilán ás 9:30 horas, saída en bus cara San Vicenzo, capital municipal, visitando O Castro, o conxunto da Obra Pía (Casa da Cultura e Capela das Dores) e logo iremos camiñando cara o Río Faílde, onde se atopa a antiga planta eléctrica. Cruzaremos o río e subiremos pola escalinata que sae da planta atravesando soutos e fermosas carballeiras, para logo saír á aldea de Vilariño e á área recreativa de Chans, onde haberá degustación de produtos típicos da zona. Colleremos o bus ata Ceilán para chegar alí sobre as 13:00 horas.

Prazas limitadas por orde de inscrición. Recoméndase levar calzado cómodo e chuvasqueiro por se chove.

Información e inscrición no Concello da Baña (Axencia de desenvolvemento local) ou nos teléfonos 981 886777 - 981 886501

O roteiro do día 19 de novembro cambiouse, por motivos climatolóxicos, para o día 6 de decembro de 2016.