NO CENTRO SOCIAL E DA TERCEIRA IDADE O VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2017, ÁS 17.00 H

Dende o Concello da Baña informámosvos de que se está a poñer en marcha unha nova edición da campaña institucional  "Separemos ben, reciclaremos mellor" que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum.

Desde a organización da campaña, ofrecéronnos uns talleres para nenos e nenas de carácter lúdico informativo, que contribuirán a mellorar a conciencia ambiental da veciñanza e motivar a súa colaboración na correcta xestión dos residuos municipais.

Para levar a cabo a actividade contarase con monitores ambientais que se encargarán de realizar o taller de reciclaxe para os/as máis pequenos/as, onde se lles entregará o que eles/as fagan no propio taller, así como un libro de actividades e unhas caixiñas de ceras, ao mesmo tempo que se lles dará unha pequena charla sobre a importancia da correcta separación dos residuos.