Solicitude de novo ingreso/reserva de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2018/2019

Do día 28 de marzo ao 26 de abril de 2018 está aberto o prazo para solicitar ou renovar praza no PAI da Baña.

Os documentos de Resolución da alcaldía (bases do procedemento), solicitude e baremo de puntuación poden descargalos nos documentos pdf.

Información: educadora familiar do Concello da Baña (Casa da Cultura), teléfonos 981 817 605 e 608 819 741.