O vindeiro luns, día 25 de xuño, o Concello da Baña abrirá a piscina municipal, na que veciños e visitantes poderán gozar durante a época estival. A instalación estará aberta ata o 15 de setembro, en xullo e agosto de 15.30 a 21.00 horas e, en setembro, de 15.30 a 20.30 horas.

Durante o mes de xullo haberá cursos de natación para aquelas persoas que se inscriban antes do 28 de xuño. Establécense diferentes prezos para os abonos, mentres que por día solto o acceso custa 2 euros. Para poder bañarse é imprescindible levar gorro e chanclas.

O Concello da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. 

Os prezos e condicións para poder gozar da piscina son os seguintes:

 Cursos de natación:

- Datas: do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres

 - Horario: a primeira semana estableceranse os grupos

- Destinatarios/as: nenos/as a partir de 4 anos cumpridos na data de inscrición

- Prazas: 60

 -Inscrición: ata o 28 de xuño

Prezos:   

  1. Abono por mes: 25,00 €
  2. Abono por 15 días: 15,00 €
  3. Abono familiar por mes: 45,00 €
  4. Sen abono (sen límite de tempo/día): 2,00 €
  5. Curso de natación: 30,00 €.
  6. Menores de 14 anos: entrada gratuíta

Máis información: Concellería de Cultura do Concello da Baña.

Inscrición

Para inscribirte tes que cubrir os documentos adxuntos. Pódelos cubrir directamente dende o ordenador e despois imprimilos

Piscina 2018