IMG 0073 OK

 

20190629 Convocatoria Pleno OrganizacionO alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, ven de convocar o pleno de organización do Concello, que se celebrará este sábado, 29 de xuño, a partir das 10.00 horas no salón de sesións da casa consistorial.

Neste pleno deberán establecerse as normas polas que se vai rexer a Corporación durante a presente lexislatura. Nesta sesión coñecerase a composición dos grupos políticos, aprobarase cada canto tempo se celebran os plenos e se se constitúe a Xunta de Goberno Local, e darase a coñecer quen son os seus integrantes, así como os novos tenentes de alcalde que forman parte do grupo de goberno.

Os concelleiros debaterán sobre a composición da comisión especial de contas e sobre a constitución da xunta de portavoces, ademais de nomear os representantes do concello nos órganos colexiados.

Os últimos puntos da sesión dedicaranse a determinación dos cargos con dedicación exclusiva ou parcial do equipo de goberno e as súas retribucións, ademais de establecer os gastos de representación e a axudas de custo e indemnizacións dos concelleiros por representar ao concello ou asistir a reunións oficiais.