O tribunal seleccionador para a brigada de vixilancia e defensa contra incendios forestais acaba de propoñer aos candidatos/as para a realización das probas físicas e médicas, como se pode comprobar no documento adxunto

O vindeiro luns, día 25 de xuño, o Concello da Baña abrirá a piscina municipal, na que veciños e visitantes poderán gozar durante a época estival. A instalación estará aberta ata o 15 de setembro, en xullo e agosto de 15.30 a 21.00 horas e, en setembro, de 15.30 a 20.30 horas.

Durante o mes de xullo haberá cursos de natación para aquelas persoas que se inscriban antes do 28 de xuño. Establécense diferentes prezos para os abonos, mentres que por día solto o acceso custa 2 euros. Para poder bañarse é imprescindible levar gorro e chanclas.

O Concello da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. 

Os prezos e condicións para poder gozar da piscina son os seguintes:

 Cursos de natación:

- Datas: do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres

 - Horario: a primeira semana estableceranse os grupos

- Destinatarios/as: nenos/as a partir de 4 anos cumpridos na data de inscrición

- Prazas: 60

 -Inscrición: ata o 28 de xuño

Prezos:   

  1. Abono por mes: 25,00 €
  2. Abono por 15 días: 15,00 €
  3. Abono familiar por mes: 45,00 €
  4. Sen abono (sen límite de tempo/día): 2,00 €
  5. Curso de natación: 30,00 €.
  6. Menores de 14 anos: entrada gratuíta

Máis información: Concellería de Cultura do Concello da Baña.

Inscrición

Para inscribirte tes que cubrir os documentos adxuntos. Pódelos cubrir directamente dende o ordenador e despois imprimilos

Piscina 2018

O alcalde da Baña acaba de asinar un bando informándolle a todos os propietarios de terrenos e soares, da súa obriga de mantelos limpos antes do 31 de maio, como medida para evitar os incendios forestais. As labores de limpeza son especialmente urxentes nas proximidades de núcleos de poboación e casas.
No bando, Andrés García Cardeso comunícalle a todos os propietarios e propietarias a súa obriga de manter os soares e terreos de monte nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público, procedendo, se é preciso, a limpamos de maleza, retirar residuos que poidan atopar neles e, en especial, os restos que supoñan un risco de incendio.
A lexislación galega establece unha franxa de seguridad de 50 metros de separación entre as vivendas e os eucaliptos, pinos e acacias. Esta distancia pode ser de 15 metros cando as árboles sexan frondosas (Carballos, castaños, etc).
A lexislación que establece estas e outras medidas para loitar contra os incendios forestais e a Lei 3/2007 de Prevención edefesna contra incendios forestais de Galicia, modificada pola do 28 de xuño, Lei 7/2012 de Montes de Galicia.
A Xunta ten publicado un folleto informativo no que se recollen estas distancias e outras medidas para loitar contra os incendios forestais, que podes atopar neste enlace

Máis de 250 persoas apostan hoxe na Baña polas actividades saudables e facer deporte, participando activamente na primeira edición do Día do Deporte na rúa, unha iniciativa da Concellaría de Xuventude e Deportes e na que os asistentes puideron practicar baloncesto, tenis de mesa, badminton, fútbol sala, atletismo, practicar xogos populares, zumba, step, jumping ou facer un circuíto de traning, entre outras modalidades.
O bo tempo axudou a que a participaron fose importante dende primeira hora da mañá. Nas pistas habilitadas diante do concello, uns 80 nenos e nenas participaron dende as dez no torneo de baloncesto, mentres que outros optaron polo tenis de mesa ou o bádminton, facer un circuíto de training ou as actividades dirixidas ao ritmo da música. Os inchables fixeron gozar aos máis cativos, que estaban seguido baixando polo tobogán.
Pola tarde organizaronse torneos de fútbol sala, atletismo e tiro con arco, nunha xornada na que veciños de Baña e doutros concellos da contorna se animaron a practicar deporte.

Máis fotos no facebook do Concello da Baña

20180519 ALI1756