A partir do 1 de xullo ata mediados de setembro a PISCINA MUNICIPAL DA BAÑA abrirá as súas instalacións para que poidamos gozar dun verán moito máis divertido e fresco.

Coincidindo con esta apertura, darán comezo os cursos de natación para nenos e nenas a partir de 4 anos, en horario de 11.00 a 14.00h de luns a xoves.
Para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, aqueles nenos e nenas que participan nos cursiños de natación terán dereito ao CAMPAMENTO LÚDICO - DEPORTIVO de luns a venres, en horario de 9.00h a 14.00h, con flexibilidade para a recollida dos/as menores.

Durante o mes de agosto, na área recreativa Agra de Chans realizaremos o CAMPAMENTO URBANO 2016 dirixido a menores de 3 a 12 anos (incluídos) de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00h.

O prezo dos campamentos por mes é de 30€.

Para inscribirse deberán entregar a solicitude, xunto cunha copia do DNI do/a menor na Concellería de Cultura (planta alta do Concello da Baña).

Terán prioridade para participar as persoas empadroadas no Concello da Baña.

Máis información nos teléfonos 981 886 501

 

O VINDEIRO VENRES 17 DE XUÑO ás 17:00h celebraremos na Escola Infantil de Lañas a Festa de despedida do Curso 2015/16.

Para elo contaremos coa actuación de Paco Nogueiras co seu espectáculo BRINCA VAI! dentro do programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Aproveitaremos tamén este gran día para presentar ao público a nova BRINQUEDOTECA!! situada na planta baixa da EEI como un espazo cuberto e acolledor preparado con diferentes xogos para gozar do tempo libre e de ocio coas familias.