O pleno do Concello da Baña celebrado onte, 26 de agosto, contou por primeira vez coa presenza da nova secretaria municipal, María Pardo, asignada ao municipio de forma definitiva. A sesión, que se levou a cabo na casa consistorial, serviu tamén para informar a corporación das resolucións tomadas pola Alcaldía durante as últimas semanas.

O alcalde explicou que a nova secretaria serve no Concello da Baña de maneira permanente desde a súa incorporación, o pasado luns 24. José Antonio Pereira agradeceulle ao seu predecesor, Dalmiro Núñez Méndez, "o seu esforzo e traballo na Baña durante ano e medio, un labor complicado polo que implica levar dous concellos ao tempo". Os portavoces das outras dúas forzas con presenza no plenario, Andrés García Cardeso (PP) e César Ramos (Compromiso por Galicia), iniciaron tamén as súas intervencións na quenda de rogos e preguntas cun recoñecemento ao labor do secretario saínte e coa benvida a María Pardo á fronte da Secretaría municipal.

O pleno proseguiu coa información das resolucións feitas pola Alcaldía entre o 25 de xullo e o 21 de agosto, copia das cales figuraba en poder dos membros da corporación. A nova secretaria achegou o documento que certifica que non houbo reparos de legalidade a estas resolucións.

Na quenda de rogos e preguntas, que ocupou boa parte do tempo do pleno, os grupos da oposición pediron aclaracións sobre cuestións expostas en anteriores sesións. Ademais, requiriuse información sobre varias cuestións que foron contestadas polo grupo de goberno no momento ou que, ao ser necesaria a consulta de documentación, se responderán por escrito.

O alcalde informou tamén de que o Concello recibiu a sentenza sobre pagos atrasados a traballadores, por unha contía total de 358.552,88€, con salario bruto, cotas á Seguridade Social e xuros incluídos. Os afectados, dixo Pereira, xa asinaron o acordo e a conformidade coas cantidades. A secretaria informou de que se está a traballar para atopar a mellor maneira de afrontar estes pagos, de acordo coa normativa de facendas locais e buscando que non afecte o desenvolvemento normal da actividade do Concello.

Enlace ao vídeo do pleno en YouTube: https://youtu.be/-MwEZEKEO5M

 

20200826 Pleno ordinario agosto web

20200822 covidNeste momento, o Concello da Baña ten coñecemento de seis casos positivos de coronavirus no termo municipal. Na parroquia de Suevos rexistráronse catro contaxios, mentres que en San Mamede do Monte hai dous. Ambos os dous brotes orixináronse en reunións familiares.

Os afectados, que teñen síntomas leves, atópanse illados e cumprindo cos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, que están a realizar probas PCR entre os contactos máis próximos.

Ante esta situación, o Concello decidiu suspender ata novo aviso as actividades culturais programadas.

Debemos extremar as precaucións e seguir as medidas de seguridade e hixiene:

  • Uso obrigatorio da máscara
  • Lavar as mans con frecuencia
  • Manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias

Lembramos que os principais síntomas son febre, tose seca, malestar xeral e dificultade para respirar. En caso de sospeita, hai que chamar ao 900 400 116; de tratarse dun caso grave, ao 061.

Podedes obter máis información na web coronavirus.sergas.es.

    • Acordo unánime para colaborar coa Asociación Afonso Eanes no acto do 17 de agosto para reparar a memoria dos represaliados durante a guerra civil e a etapa franquista

    • O goberno aproba en solitario actualizar a norma que establece os prezos públicos do Punto de Atención á Infancia

 

A Corporación da Baña aprobou hoxe por unanimidade colaborar coa Asociación Afonso Eanes na organización dun acto que sirva para reparar a memoria dos veciños da Baña represaliados durante a guerra civil e a ditadura franquista, colocando un placa conmemorativa o vindeiro 17 de agosto, Día de Galicia mártir. Ademais de a outras persoas do municipio e da comarca, ese día recordarase a Manuel Fagín Paramos, veciño de San Vicenzo, e a Xoán Antón Xosé Barros Manteiga, de Ordoeste, que foron executados o 4 de xuño de hai 85 anos. 

Os tres grupos políticos da Corporación estiveron de acordo en participar neste acto, promovido pola Asociación Afonso Eanes, que se vai celebrar na casa da cultura. O Concello asume os gastos da organización do acto e a placa conmemorativa que se vai colocar o 17 de agosto.

Na sesión de hoxe tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos do Punto de Atención á Infancia cos votos a favor do equipo de goberno socialista (4). O PP abstívose ao non contemplar a gratuidade do segundo fillo matriculado, aínda que a concelleira de Servizos Sociais, Mónica González, aclarou que se fixo a consulta á Consellería de Política Social e que non especificaron as pautas de se o custo desa matrícula debería ser asumido polo Concello ou pola Xunta. Compromiso por Galicia tamén se abstivo neste punto.

O mesmo pasou coa aprobación das actas plenarias do ano en curso, que foron aprobadas só cos catro votos do equipo de goberno. A ordenanza municipal reguladora da prestación de alimentos ás familias con escasos recursos quedou para o vindeiro pleno, á espera de que se introduza unha modificación solicitada polo PP, para que, en casos de dúbida, se poida contar con informes externos (ademais do preceptivo de Servizos Sociais) para determinar si esa persoa recibe alimentos ou non.

O capítulo de rogos e preguntas, que o equipo de goberno contestará por escrito no vindeiro pleno, pechou a sesión de hoxe (vídeo completo da sesión neste enlace).

20200729 pleno baña WEB

 

20200822 covidO centro de saúde da Baña vén de informar o Concello da aparición dun caso positivo en covid-19.

A persoa afectada atópase xa illada e baixo confinamento na súa casa, seguindo todos os protocolos establecidos. As autoridades sanitarias están rastreando os seus contactos para atallar a situación coa maior eficacia posible. Ata o momento, realizáronse máis de vinte probas PCR entre os achegados, dos que se esperan resultados.

Neste momento tócanos manter a calma, pero é necesario extremar as medidas de seguridade e hixiene:
- Uso obrigatorio da máscara
- Hixiene continua de mans
- Manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias

E, recorden, se senten síntomas compatibles coa Covid-19 (febre, tose seca, malestar xeral, dificultade para respirar), non vaian directamente ao centro de saúde, deben chamar ao 061.

Poden obter máis información na web coronavirus.sergas.es e no teléfono 900 400 116.

20200707 itv agricolaA unidade móbil número 3 da inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o municipio da Baña a mediados deste mes de xullo, para que os titulares desta maquinaria poidan pasar a ITV sen desprazarse fóra do concello.

En concreto, os días 15 e 16 de xullo a ITV inspeccionará os vehículos agrícolas que se acheguen ata a nave municipal de San Vicenzo, situada detrás do colexio. O mércores, día 15, estará de 08.00 a 13.30 e de 15.00 a 18.30 horas. O xoves 16 só atenderá de 08.00 a 11.00 horas.

As persoas interesadas terán que pedir cita previa para pasar a ITV agrícola na Baña. Poden facelo a partir do mércores 8 de xullo no teléfono 902 30 90 00 ou na páxina web de SyCItv, en https://www.sycitv.com/gl/cita-previa-particulares/