Se por algo se caracteriza o Concello da Baña, ademais de pola súa paisaxe e as súas xentes, é pola súa destacada gastronomía, con produtos de primeira calidade que conservan o xeito de elaboración de anos e xeracións atrás.

Así, cabe salientar sobre todos eles un produto de marcada tradición na zona que está en pleno proceso de recoñecemento fóra das fronteiras comarcais: a filloa da pedra, elaborada a base de trigo do país, ovos caseiros, auga e sal, e á que na Baña lle adican unha festa gastronómica o segundo domingo de marzo, e con base na cal se celebra tamén nesas mesmas datas un certame de cociña con pratos elaborados con filloas da pedra.

Co fin de dala a coñecer fóra do municipio, e ao mesmo tempo promocionar o concello e as súas excelencias, a Asociación Filloas da Pedra participa en numerosos eventos.

Pero na Baña non só destacan as filloas, senón que hai outras delicias:

  • Bacallau e riles ao xerez (especialidade de Casa Salvador)
  • Costeleta á pedra e polbo (especialidade da Parrillada Val de Barcala)
  • Polos picantóns (especialidade da Parrillada Begomar)
  • Paella, mariscos e filloas (especialidade da Barraca O Chino)
  • Costeleta, churrasco e filloas (especialidade da Parrillada O Barro)
  • Xamón serrano (especialidade de Casa Aurelio)
  • Pan, roscas e empanadas (especialidades das panadarías O Barro e Antonio)