imprimir
Categoría: Principal
Visitas: 6278

Se por algo se caracteriza o Concello da Baña, ademais de pola súa paisaxe e as súas xentes, é pola súa destacada gastronomía, con produtos de primeira calidade que conservan o xeito de elaboración de anos e xeracións anteriores.

Cabe salientar sobre todos eles un produto de marcada tradición na zona que está en pleno proceso de recoñecemento fóra das fronteiras comarcais: a filloa da pedra, elaborada a base de trigo do país, ovos caseiros, auga e sal, e á que na Baña lle adican unha festa gastronómica na fin de semana anterior ao domingo de entroido.

Co fin de dala a coñecer fóra do municipio, e ao mesmo tempo promocionar o concello e as súas excelencias, a Asociación Filloas da Pedra participa en numerosos eventos.

Pero na Baña non só destacan as filloas, senón que hai outras delicias:

 

ONDE COMER

 

RESTAURANTE 

CONTACTO

ENDEREZO

Casa Salvador

981 885 312

Seoane, 23. San Xoán de Barcala

Taberna do Barro

658 551 899

Barro de Arriba, 15. O Barro

Parrillada O Val de Barcala

981 886 155

Espiño, 11. San Xoán de Barcala

Restaurante O Arranca

981 894 006

O Cruceiro. Ordoeste

Restaurante Begomar

678 140 976

Barreiro, 7. Corneira