Imprimir
Categoría: axenda
Visto: 965

A BAÑA COAS TIC

BLOGALÍZATE NA BAÑA

Blogs e páxinas web en galego que pagan a pena

 

BASES

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escoller o seu blog ou páxina web preferida en galego.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa escolla no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...

 QUINTA. As escollas estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as escollas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas ao chou de entre todas as participantes.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de cinco USB que se repartirán entre as persoas gañadoras.

NOVENA. O sorteo será público e realizarase o día 17 de decembro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.

DÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.

UNDÉCIMA. O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do Concello da Baña e na do CPI San Vicente.

DUODÉCIMA. Poderán ser excluídas aquelas propostas que non resulten atractivas, interesantes e orixinais.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.

 

CONTACTO

Tel.: 981 886 501

Fax: 981 886 616

Correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Departamento de Lingua Galega

do CPI San Vicente