20 de abril de 2026

O Boletín Oficial da Provincia publicar a convocatoria para a solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2026-2027.

O prazo para a presentación de solicitudes é do martes 21 de abril ao martes 5 de maio.

O formulario de solicitude pode descargarse nos arquivos adxuntos.

 

6 de abril de 2026

O Concello da Baña publica hoxe, 6 de abril, un anuncio polo que establece os prazos para a matrícula na Escola Infantil Municipal do Concello da Baña para o curso 2026-2027. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 21 de abril e o 5 de maio, segundo o calendario establecido. 

Os prazos establecidos son os seguintes:

  • 20 de abril: publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), xunto cos modelos normalizados de solicitude de praza (para renovacións e novos ingresos).
  • 21 de abril ao 5 de maio: prazo de presentación de solicitudes.
  • 13 de maio: publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas.
  • 14 ao 23 de maio: período de reclamacións da listaxe provisional.
  • 01 de xuño: publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula.
  • 2 ao 14 de xuño: período de presentación de matrícula.

As datas indicadas poderán sufrir variacións por razóns de servizo ou para cumprir cos prazos correspondentes.

Toda a información relativa a este proceso estará dispoñible na páxina web do Concello, na Sede Electrónica e nas diferentes canles de comunicación oficial.