15 de maio de 2026

Faise pública a aprobación da listaxe provisional de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.

As persoas aspirantes excluídos teñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos e formular as reclamacións á lista provisional.

As persoas interesadas poden comprobar a listaxe a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.

 

14 de abril de 2026

O Concello da Baña fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dun posto de persoal técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.

No arquivo adxunto pode consultarse toda a información.