imprimir
Categoría: Servizos sociais
Visitas: 1346

O centro social e da terceira idade da Baña conta dende marzo cunha dinamizadora social que organiza actividades principalmente, para maiores de 55 anos. 

Este servizo, tan demandado polas persoas usuarias do centro a diario, ofrecerá diferentes opcións durante a semana, para un envellecemento activo. 
 
- Os luns e mércores, ACTIVA O TEU CORPO, con bailes, exercicios de mantemento, xogos de coordinación e ritmo, sempre acompañadas do bo humor.
- Os martes, ACTIVA A TÚA MENTE, con talleres de estimulación cognitiva, lecturas e exercicios de memoria.
- Os xoves, CANTAN BINGO E LINGO, con xogos de mesa en equipo, exercitación da memoria con cifras e letras, concentración.
- Os venres, NAVEGAMOS POR INTERNET, cun achegamento ás vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías para o ocio, servizos, a socialización e a comunicación con familiares.
 
Esta programación vai dirixida a todas as persoas de dentro e fóra do concello da Baña, interesadas en manterse activas e pasar as tardes en moi boa compaña.