imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 524

introducion ioga

Dende hoxe, toda a veciñanza da Baña pode acceder de xeito gratuíto a Gimnasio TV, unha plataforma dixital que ofrece clases de ioga, baile, baile activo, pilates e ximnasia de mantemento grazas a unha serie de vídeos que poderán ver a calquera hora e calquera día da semana só con dispoñer dun dispositivo con conexión a internet.

O Concello da Baña convida así a todos os veciños e veciñas a facer deporte de xeito seguro, agora que a pandemia modificou a práctica deportiva e obrigou a suspender as actividades grupais. Gimnasio TV, plataforma desenvolvida pola empresa de xestión deportiva Sportmadness, pon a disposición das persoas usuarias sesións de vídeo para as distintas modalidades, ademáis dun adestrador persoal que pode ser consultado por whatsapp.

Cunha estrutura semellante á de plataformas de vídeo como Netflix, Gimnasio TV pretende ofrecer unha alternativa flexible e de calidade ao deporte presencial. “Desde o Concello da Baña buscamos fomentar a actividade deportiva priorizando a interacción entre alumnado e adestradores”, subliña Mónica González, concelleira de Deportes.

Para comezar a poñerse en forma con Gimnasio TV, o único que teñen que facer todas as persoas interesadas da Baña e os seus arredores é rexistrarse na web www.gimnasiotv.com.