imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 491

20221105 fotos participantes no concurso Elas no Outono A Bana 16

Tres mulleres foron as gañadoras do concurso de fotografía ‘Elas no outono’ que organizou a Concellería de Cultura da Baña para reivindicar o papel da muller e ofrecer unha visión diferente da figura feminina durante o outono. 

As tres gañadores foron Erica Blanco Rey, na categoría de persoa adultas, coa súa obra Aire puro, sacada na planta da antiga minicentral. Na categoría de 12 a 17 anos o premio foi para a única imaxe presentada, Carballeira de Vilacoba con vistas a agra e o río Tambre, de Antía Iglesias Güimil.  Contrastes e o título da imaxe presentada por Iria Paredes Blanco na categoría de 6 a 11 anos. A foto foi sacada en Vilar de Cima, na parroquia de Corneira.

20221105 fotos participantes no concurso Elas no Outono A Bana 11

Estas tres imaxes formarán parte do calendario 2023 do Concello da Baña, xunto a outras nove que participaron no concurso e que foron seleccionadas polo xurado, que estivo composto pola concelleira de Cultura, Lorena Trillo, o fotógrafo bañense Javier Iglesias, e o director da axencia de comunicación Alicentis, Juan Martínez. O tribunal destacou o número de fotografías presentado ao certame, un total de 22 imaxes, e a variedade temática abordada nas mesmas. “É un primeiro paso para por en valor ás mulleres da Baña e todo o bo que temos que ofrecer no noso concello”, dixo Lorena Trillo.

20221105 fotos participantes no concurso Elas no Outono A Bana 6

As fotografías presentadas a esta primeira edición do concurso pódense ver na casa da cultura durante a vindeira semana.

As tres gañadoras recibirán como premio un lote de libros acorde a súa idade. Lorena Trillo e Javier Iglesias xa lle entregaron hoxe o agasallo a nai de Antía Iglesias despois da conferencia do fotógrafo bañense na casa da cultura.