imprimir
Categoría: SNL
Visitas: 29

20261118 SNL ConversaO Concello da Baña pon en marcha un grupo de conversa en galego coa idea de que as persoas participantes gañen confianza ao falar e empreguen máis a lingua nas súas relacións cotiás. A iniciativa, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira, forma parte de Falarmos nós!, a Rede de Grupos de Conversa en Galego da Deputación da Coruña.

O grupo diríxese tanto a persoas que saben falar galego e apenas o usan no seu día a día como a quen está a aprendelo, compréndeo ben e xa pode expresarse de maneira sinxela. Nas sesións, a escoita, as lecturas e os xogos servirán para abrir conversas e practicar a lingua nun ambiente distendido, no que cada persoa poida participar ao seu ritmo.

Os encontros terán lugar todos os luns, de 10.30 a 11.30 horas, no edificio da Escola Municipal de Música da Baña. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do luns 23 de novembro na Casa do Concello, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 88 65 01.