imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 465

O Concello da Baña fai público o decreto de resolución de concesión de axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio destinadas a paliar o impacto da crise socioeconómica causada pola pandemia da Covid-19 no municipio. Cómpre subliñar que estas achegas están financiadas integramente con fondos propios do Concello da Baña e complementan as que xa outorgou o Concello atendendo á convocatoria que fixo en novembro de 2020.

A primeira liña da convocatoria contou unicamente con dúas solicitudes rexistradas. Esta liña estaba orientada a ampliar o programa PEL-Reactiva, dirixida a aquelas persoas autónomas e pemes que, cumprindo cos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, quedaron fóra por esgotamento do crédito. Ambas solicitudes foron aceptadas, polo que cada un dos solicitantes percibirá unha contía de 2.500 euros.

A segunda liña da convocatoria, destinada a paliar os efectos económicos derivados das restricións impostas polas diferentes administracións públicas, quedou deserta ao non recibirse ningunha solicitude.

Segundo recolle o decreto, os beneficiarios das axudas terán un prazo de 20 días naturais, a contar desde hoxe e ata o 17 de agosto (incluído) para presentar a documentación acreditativa dos gastos subvencionables. A xustificación presentarase na sede electrónica do Concello da Baña.

O decreto de concesión das axudas Covid a autónomos e pequenas empresas da Baña pode consultarse no seguinte enlace:

https://acortar.link/VZGPWy