imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 1324

17 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais definitivos das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

13 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace. Ábrese ata o luns 17 de outubro un prazo de reclamacións, que poden ser presentadas nos rexistros dos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba ou Val do Dubra.   

 

7 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace

 

3 de outubro de 2022

Fanse públicos os resultados totais definitivos para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace

 

28 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

27 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

16 de setembro de 2022

Tras a publicación no día 13 de setembro de 2022 da listaxe provisional, fanse públicos os resultados definitivos na selección do cadro directivo para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

14 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados definitivos de selección do alumnado para o obradoiro de emprego dual Reacciona no concello de Santa Comba. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.

 

13 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados definitivos para a selección do alumnado que participará no Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos ou neste enlace.

 

13 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas candidatas a levar a dirección do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos neste enlace

 

12 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita dos e das candidatas para postos de dirección, titoría, mestrazgo e persoal de apoio para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.

 

9 de setembro de 2022

Fanse públicas as valoracións provisionais dos candidatos e candidatas a alumnado do Obradoiro Dual Reacciona en A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. O prazo de reclamacións está aberto ata as 14.00 horas do 13 de setembro. Podes consultar o documento nos arquivos adxuntos.

 

7 de setembro de 2022

Fanse públicos os baremos dos e das candidatas a ser alumnado do Obradoiro Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.

 

6 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.

Os resultados das persoas aspirantes dos concellos de Santa Comba e Val do Dubra poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

 

5 de setembro de 2022

Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.

Os resultados das persoas aspirantes dos concellos da Baña e Negreira poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

 

12 de agosto de 2022

A limpeza das beirarrúas de Carballeira, San Vicenzo ou Vilar da Torre, o mantemento do xardín comestible de Agra da rúa Tedelle, o axardinamento de San Vicenzo e o acondicionamento das áreas de Chans, Chousa ou Fiopáns serán algúns dos traballos que acometa o alumnado do novo programa de emprego dual Reacciona, que promove o Concello de Santa Comba en convenio co da Baña e os de Negreira e Val do Dubra. Cada un deles aportará un total de cinco persoas participantes maiores de 18 anos que deberán estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.

A metade do alumnado seleccionado, un total de dez persoas, formaranse na especialidade Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os outros dez dedicaranse a Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. As persoas que queiran optar a ser preseleccionadas para participar no obradoiro deberán estar apuntadas como demandantes de emprego nos servizos de Escolas taller (código 320), Casas de oficios (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego de formación dual (370) ou ben atoparse en situación administrativa de suspensión de programas experimentais de emprego (699). O prazo para anotarse nos mesmos remata o venres 26 de agosto ás 14.00 horas. É preciso pedir cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/.

O obradoiro Reacciona, subvencionado pola Xunta e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, terá unha duración dun ano e ten como finalidade combinar emprego e formación para mellorar a ocupabilidade de persoas maiores de idade en situación de desemprego.

As bases para a selección do alumnado traballador e o persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Reacciona poderán consultarse no arquivo adxunto.