imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 1170

 20220801 pai

 

24 de agosto de 2022

Publícase a lista definitiva de admitidos e excluídos, baremación das solicitudes de prazas, establecemento de período de matrícula e inicio docurso 2022/2023 no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.

A resolución da alcaldía pode consultarse neste enlace ou no arquivo adxunto

 

8 de agosto de 2022

Publícase a lista de admitidos e excluídos así como a baremación das solicitudes de praza no PAI da Baña para o curso 2022/2023, iniciándose un prazo de 10 días hábiles para as oportunas reclamacións. O decreto da Alcaldía pode consultarse neste enlace ou no arquivo adxunto.

 

1 de agosto de 2022

O Concello da Baña vén de facer público a través dun decreto o listado de persoas que deberán subsanar algún erro na solicitude de praza no Punto de Antención á Infancia para o curso 2022-2023. Os interesados teñen de prazo ata o venres 5 de agosto de 2022 para achegar a documentación requirida. O decreto de subsanación de erros pode consultarse nos documentos adxuntos e neste enlace

 

22 de xullo de 2022

O Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña (PAI) abre dende hoxe, e ata o 29 de xullo, o prazo de presentación de solicitudes de praza para o vindeiro curso escolar 2022-23, tanto para aquelas familias que xa teñen menores escolarizados no centro como para que desexen incorporarse por primeira vez. Poden solicitar praza no centro os nenos e as nenas de entre 3 meses e 3 anos. Cómpre subliñar que o número total de prazas coas que conta o PAI é de 20.

As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude de reserva ben no rexistro municipal, ben na sede electrónica do Concello (neste enlace).  O formulario para solicitar praza pódese descargar na web do Concello (neste enlace)

As familias con crianzas xa matriculadas no centro deberán aportar xunto coa solicitude, certificado de empadroamento da unidade familiar e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral. Este certificado de empadroamento poderá ser substituído por unha autorización expresa de consulta de datos padronais. Tamén deberán aportar copia certificada da declaración do IRPF ou, no seu defecto, certificado de imputación de rendas e certificación de ingresos; copia da última nómina ou informe da vida laboral.

No caso das familias que soliciten praza por primeira vez, ademais da documentación anteriormente sinalada, tamén deberán aportar copia do DNI dos proxenitores, titores/as e ou representantes legais; informe do equipo de valoración de minusvalías no caso de praza de integración; libro de familia numerosa, de ser o caso, ou resgado de ter presentado a súa solicitude; se é familia monoparental, a documentación acreditativa; e, no caso de violencia de xénero, certificado da orde de protección ou medida de cautela, informe dos servizos sociais ou certificación dos servizos autonómicos de acollida.

O Concello da Baña publicará o 1 de agosto o listado de solicitudes de praza no PAI. E, ese mesmo día e ata o 5 de agosto establecese o prazo para o requirimento e subsanación de documentación. 

A lista provisional de admitidos e excluídos exporase nos taboleiros de anuncio do Concello, no PAI, na páxina web do Concello e na súa sede electrónica. Os solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas todas as reclamacións, publicarase a  listaxe definitiva de admitidos e excluídos e a listaxe de agarda coas puntuacións obtidas e establecerase o período de formalización de matrícula.

Os criterios de prioridade para a adxudicación de prazas e os criterios de baremación están recollidos na modificación da ordenanza do PAI, aprobada definitivamente no pleno deste xoves, 21 de agosto. No caso de renovación de praza, terán máxima preferencia (prioridade 1) os nenos e nenas matriculados no curso anterior cuxos proxenitores se atopen empadroados no municipio e as solicitudes efectuadas para crianzas matriculadas no curso anterior que sexan fillos/as do persoal que presta servizo no PAI ou noutros servizos do Concello da Baña.

Para as solicitudes de novo ingreso, terán prioridade os menores empadroados no municipio (tanto o neno ou a nena para a que se solicita a praza como os proxenitores ou titores legais); os fillos e fillas do persoal que presta servizo no PAI ou noutros servizos do Concello da Baña e aqueles menores que xa teñan un irmán ou irmá escolarizados no presente curso.

A ordenanza tamén recolle unha reserva de prazas de emerxencia social (menores tutelados pola administración autonómica, crianzas de mulleres vítimas de violencia de xénero ou aqueles outros nos cales concorren circunstancias familiares que requiran unha intervención inmediata, tras os informes pertinentes).

Tanto a ordenanza de aplicación como o decreto de convocatoria das prazas do PAI para o curso escolar 2022-23 que recolle os prazos e os detalles do procedemento poden consultarse na web municipal (neste enlace).