Marta, en infantil; Anna Mourelle, en primaria; e Paula Pais, en secundaria, son as gañadoras do concurso de postais de Nadal organizado polo Concello da Baña. Cada unha delas recibirá como premio un agasallado relacionado coas artes gráficas, mentres que as creacións destas pequenas artistas empregaranse para felicitar estas festas e desexar un ventureiro aninovo a toda a veciñanza.

Aberto a todo o alumnado dos centros educativos ubicados na Baña, o concurso convidaba ás crianzas a presentar un deseño gráfico da súa autoría acompañado dunha felicitación en galego.

O xurado, vencellado á educación, á plástica e á lingua, escolleu os traballos que considerou máis representativos en tres categorías distintas, establecidas segundo a idade dos participantes.Postais Nadal web