brincanadal

 

O Concello da Baña volve poñer en marcha durante estas festas o programa Brincanadal co obxectivo de que a cativada aprenda e se divirta durante as vacacións escolares ao tempo que se facilita e promove a vida laboral e familiar.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 15.

A inscrición pode facerse de xeito telemático na web do Concello dende hoxe 7 de decembro e de xeito presencial no rexistro do Concello a partir do luns 11 de decembro.

Unha vez rematado o prazo de inscrición e publicada a lista de admitidos, as familias admitidas deben efectuar o pagamento e facer chegar o xustificante ao departamento de Cultura nas oficinas do Concello ou a través do email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Brincanadal 2023 está aberto aos nenos e nenas escolarizados ata os 13 anos e desenvolverase no Centro Social San Vicenzo do 22 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 8.00 a 14.00 horas.

O custe é de 25 euros para escolares empadroados. Haberá descontos a partir do segundo irmá.

A ficha de inscrición pode descargarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.

Podes consultar as bases no BOP adxunto.