imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 697

Piscina 2021 actualizadoA piscina municipal da Baña, localizada nas proximidades da área recreativa de Agra de Chans, abrirá este ano todas as tardes entre o 1 de xullo e o 15 de setembro. O horario nos meses de xullo e agosto abrangue das 15:30 ás 21:00 horas. En setembro, pechará media hora antes, ás 20:30 horas.

A entrada por libre á piscina será de 2 euros ao día para os maiores de 14 anos e gratuíta para os menores. Os abonos poderán facerse por quincenas ou por mes. O custo do abono de quince días é de 15 euros, mentres que o de mes é de 25 euros. Tamén se pode sacar un abono familiar mensual, que ten un prezo de 45 euros.

Lémbraselle ás persoas usuarias a obrigación de levar gorro e chancletas para gozar das instalacións.