Imprimir
Categoría: Medio ambiente
Visto: 328

Exposición pública 1920 1280 px

O pasado día 28 de xuño, o Concello da Baña presentou os correspondentes recursos de alzada contra as autorizacións administrativas da construción dos parques eólicos de Troitomil e de Vilartoxo por considerar que non son conformes a dereito.

Un dos recursos interponse contra a construción promovida pola empresa Green Capital Power S.L. en Troitomil, nos concellos da Baña e Negreira, cuxa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción foi outorgada o 20 de marzo pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O segundo recurso de alzada preséntase contra a resolución do 12 de abril de 2023 ditado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais que outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao parque eólico Vilartoxo sito nos concellos da Baña e de Val do Dubra e que promove tamén a empresa Green Capital Power S.L.