imprimir
Categoría: novas
Visitas: 46

 

O Concello da Baña aprobou no pleno extraordinario celebrado este luns destinar a gasto corrente os 242.721,66 euros do POS+ Adicional 4/2026 da Deputación da Coruña.

A proposta foi aprobada cos 6 votos a favor do equipo de goberno (5 do PSdeG e 1 o BNG) e a abstención da oposición (5 do PP).

O pleno extraordinario comezou gardando un minuto de silencio en memoria de Mariano Pazos Currais, recentemente falecido e que foi concelleiro na Baña entre 1999 e 2007.

 

20261026 Banha pleno extraordinario POS gasto corrente 1