- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 996
Está aberto o prazo para inscribirse no CURSO DE GAITA 2010-2011.
As clases impartiranse no local social no horario que se indica a continuación:
- Iniciación, venres de 20.00 a 21.00 horas.
- Perfeccionamento, sábados de 19.00 a 21.00 horas.
Para inscribirse hai que:
- Aboar 30 € en concepto de matrícula na sucursal de Caixa Galicia no número de conta do Concello da Baña2091-0326-67-3110000035.
- Cubrir a ficha de inscrición na Concellaría de Cultura, en horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1011
Está aberto o prazo para a preinscrición na Escola de Teatro do curso 2010 – 2011.
Neste curso as disciplinas que se van impartir son:
- Rapaces/as (a partir de 6 anos): Expresión corporal e teatro.
- Adultos: Expresión corporal e movemento.
Os/as interesados/as poderán anotarse na Concellaría de Cultura do Concello da Baña en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o 29 de outubro de 2010.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 990
CURSO 2010–2011
A Escola Municipal de Música da Baña convoca as persoas interesadas en aprender música e en tocar na Banda Municipal de Música Moderna da Baña a unha reunión.
Día: xoves, 7 de outubro de 2010
Hora: 20.30 h
Lugar: escola municipal de música da Baña
O director da Escola mais os profesores responderán as preguntas que lles formulen sobre as clases, horarios, títulos…
Todas as persoas que asistan á escola poderán conseguir o título oficial de grao elemental.
A Escola de Mùsica... somos todos.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 963
Xa está aberto o prazo para a preinscrición de matricula da Escola Municipal de Música da Baña.
Inscrición: Concellaría de Cultura do Concello da Baña
Teléfono: 981 886 501, ext. 4
Horario: 09.00 - 14.00 horas
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visto: 1041
O SNL do Concello da Baña ofrécelles aos rapaces e rapazas que teñan máis de 12 anos a posibilidade de participar na actividade TIC, deporte e lingua galega.
Días: 4, 5, 7, 8 de outubro
Horario: de 17.00 a 20.00 h
Lugar: pavillón de San Vicente aula de informática
Para poder participar, quen estea interesado/a debe entregar a folla de inscrición no SNL, na casa do concello, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h).
En caso de dúbida, pode chamar ao teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Ficheiros: