O tempo favoreceu o alumnado do CPI San Vicente e permitiulle gozar da Ruta literaria polos lugares de Vilarnovo, Canlís, Fampousa, O Castro, Salvande, Xasoso e A Castiñeira proposta polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.

A ruta comezou arredor das 11.00 h, do xoves, 13 de maio e, despois de percorrer boa parte dos lugares da Baña e de ler e gravar unha estrofa en cada un dos lugares, rematou no CPI San Vicente aproximadamente dúas horas despois.

Os nenos e as nenas de infantil do CPI San Vicente sorprendéronse onte, 13 de maio, cando viron na pantalla, xunto co profesorado, o resultado da súa escenificación do conto Cocorico.

Máis tarde foron agasallados polo Servizo de Normalización do Concello da Baña co DVD que reproducía Xograres, a contar contos.

A proxección do programa incluíuse dentro das actividades programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Deportes: Técnica, táctica, xogo e entrenamento de porteiros.

Lugar: Instalacións deportivas municipais da Torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).

Aloxamento: Residencia do IES Cruceiro de Baleares en Culleredo.

Datas: do 26 ao 31 de xullo.

Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos.

Cota de inscrición: 75€

Inclúe: Estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadasNon está incluído o transporte de ida e volta dos rapaces/as desde os concellos á residencia.

Nº de prazas: 3

Inscripción: No Concello da Baña antes do 11 de xuño.

O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

Organiza: Excelentísima Deputación Provincial da Coruña

Colabora: Concello da Baña.

Enlaces:

www.dicoruna.es/editorupload/File/Cultura/deportes/campamentos/TripticoCampusFutbol2010.pdf

O Concello da Baña a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración co Colexio Público Integrado (CPI) San Vicente e coa Escola de Educación Infantil (EEI) de Lañas celebrará a conmemoración do Día das Letras Galegas do 13 ao 28 de maio.

Esta celebración comezará o xoves 13 cunha Ruta literaria polos lugares de Vilarnovo, Canlís, Fampousa, O Castro, Salvande, Xasoso e A Castiñeira na que participarán o alumnado e o profesorado do CPI San Vicente. O SNL aproveitará esta actividade para gravar o alumnado mentres recitan estrofas en cada un dos lugares mencionados.

Máis tarde, a partir do día 19, a conmemoración continuará na Casa de Cultura do Concello da Baña en horario de tarde (17.00-20.00 h), de luns a venres cunha exposición de ilustracións de poemas de Novoneyra que realizaron os alumnos e as alumnas do CPI San Vicente e os da EEI de Lañas. Xunto coa exposición haberá outras actividades para que os/as visitantes poidan interactuar coa vida e a obra do autor homenaxeado.

Algunhas das actividades que se van desenvolver xunto coa exposición son as seguintes:

  1. Proxección da lectura de poemas de Novoneyra polo alumnado do CPI San Vicente e da EEI de Lañas.
  2. Proxección dun documental sobre Novoneyra.
  3. Partidas de memoria coas ilustracións dos nenos e das nenas.
  4. Ofrécelle o teu autógrafo a Novoneyra.
  5. Ordena cronoloxicamente un álbum de imaxes de Novoneyra.
  6. Xoga co crebacabezas-poema.
  7. Actuación do coro Grupo de Amigos da Baña o día 24 ás 19.00 h na Casa de Cultura.

Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia...

Lugar: A Coruña

Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.

Datas: do 18 ó 24 de xullo.

Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos.

Cota de inscrición: 85€

Inclúe: transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

Nº de prazas: 3

Inscripción: No Concello da Baña antes do 11 de xuño.

O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

Organiza: Excelentísima Deputación Provincial da Coruña

Colabora: Concello de A Baña

Enlaces:

www.dicoruna.es/editorupload/File/Cultura/deportes/campamentos/DipticoCamapamento2010.pdf