O GDR Terras de Compostela, do que forma parte o Concello da Baña, organiza unha xornada de sensibilización sobre o SICTED (Sistema integral de calidade turística española en destino) dirixida ás empresas, establecementos e colectivos do sector turístico. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a todos os interesados a metodoloxía do proxecto e presentar os beneficios deste sistema de calidade, animándoos a integrarse e participar. A xornada desenvolverase o martes 4 de febreiro ás 10.00 h na sede do GDR Asociación Terras de Compostela, situada en San Xián de Sales (Vedra).
Terras de Compostela conta co recoñecemento de destino turístico SICTED, un proxecto de mellora da calidade en destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). No ano 2019, a raíz do programa formativo impartido polo GDR Terras de Compostela, 9 establecementos da zona distinguíronse co selo SICTED.
A xornada está orientada a informar aos diferentes colectivos do sector turístico: hoteis, restaurantes, empresas alimentarias visitables, museos, centros de interese turísticos, axencias de viaxes, oficinas de turismo, etc. Para participar é preciso confirmar asistencia antes do 30 de xaneiro (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).