A Axencia de Desenvolvemento Local da Baña publica unha guía con algunhas das consultas máis frecuentes sobre subsidios para persoas desempregadas, derivadas da actual crise sanitaria, na que non hai asistencia presencial no SEPE e se están a producir suspensións de contratos.
Para consultas ou dúbidas relacionadas con esta información, a Axencia de Desenvolvemento Local da Baña atende no teléfono 682 859 367, de luns a venres, de 10 a 14 horas.
RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO:
NON É NECESARIA A SÚA RENOVACIÓN ATA O VINDEIRO 30 DE ABRIL.
PERSOAS AFECTADAS POR UN ERTE:
- Non teñen que presentar solicitude de prestación por desemprego. A empresa farase cargo do trámite.
- Recoñéceselles o dereito á protección contributiva por desemprego ás persoas afectadas por ERTES aínda que carezan do período de ocupación cotizada mínimo.
- Teñen dereito todos os traballadores, incluídos os temporais.
- Se estaba a traballar en dúas empresas a tempo parcial e nunha delas entra en ERTE, pode acceder á prestación por desemprego, pero da cantidade que vai percibir descóntase a parte proporcional no tempo que traballa na empresa na que permaneza en activo.
- Se o ERTE veu motivado por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, cobrarase a prestación dende o día seguinte a aquel no que o empresario adoptara a decisión.
- Se o ERTE veu motivado por causas de forza maior, cobrarase a prestación dende o día seguinte a aquel no que tivese lugar o feito causante da forza maior.
SITUACIÓN DE DESEMPREGO NON MOTIVADA POR UN ERTE:
- Durante o estado de alarma os prazos de presentación de solicitudes están suspendidos.
NON SE INTERRUMPIRÁ o pago dos subsidios pola falta de presentación da declaración anual de rendas (DAR) no caso dos beneficiarios de subsidios para MAIORES DE 52 ANOS.
NON HAI que renovar os subsidios de periodicidade semestral.
SUBSIDIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DO FOGAR
- Terán dereito todas aquelas persoas empregadas do fogar que estivesen dadas de alta na Seguridade Social antes da entrada en vigor do estado de alarma e que deixaran de prestar servizos nun ou en varios domicilios, total ou parcialmente, ou aquelas que foran despedidas durante a crise sanitaria.
SUBSIDIO EXCEPCIONAL POR FIN DE CONTRATO TEMPORAL
- Poderán percibilo as persoas traballadoras que tivesen un contrato temporal de polo menos 2 meses de duración e que finalizase despois da entrada en vigor do estado de alarma, e que non conten con cotizacións suficientes para acceder a outro tipo de prestacións ou subsidios.
NON SE ESIXIRÁ a acreditación da busca activa de emprego na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
SE PRECISA OBTER INFORMACIÓN OU SOLICITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO CONTACTE CO SEPE:
https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=proce_ciudadanos/cita_previa.html
TLFS.: 900 812 400 - 901 119 999
Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- presentar a solicitude e / ou obter o recoñecemento da prestación contributiva no momento
Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- solicitar unha cita previa telematicamente para ser atendido polo SEPE
- enviar un formulario de pre-solicitude individual, tras o cal un xestor do SEPE contactará con vostede para tramitar a solicitude da prestación contributiva coa maior brevidade posible
SE TEN QUE REALIZAR CALQUERA OUTRO TRÁMITE URXENTE NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OU SOLICITAR UN CERTIFICADO OU INFORME PODERÁ FACELO NA SÚA OFICINA DE EMPREGO:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
TLF.: 881 867 306
ADEMAIS, DENDE A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA OFÉRTASE A POSIBILIDADE DA INSCRICIÓN ON-LINE NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil