O Concello da Baña adquiriu un desfibrilador, que se empregará para atender posibles paradas cardiorrespiratorias no campo de fútbol municipal.
Non obstante, e mentres o campo permaneza pechado por causa da pandemia da covid-19, o desfibrilador atoparase na escola de música ao ser o local municipal que permanece máis tempo aberto ao público.
O Concello formou tamén cun curso catro traballadores municipais para que poidan facer uso desta ferramenta sanitaria.