RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Asunto: contratación dunha animadora cultural

ANTECEDENTES

O Concello da Baña necesita contratar unha persoa para cubrir o cadro de persoal do servizo subvencionado pola Deputación provincial da Coruña da figura da animadora cultural, en substitución de Marta María Cambeiro Pérez, en situación de baixa médica.

CONSIDERACIÓNS

Considero a acta de reunión con data do 07 de novembro de 2014 da Comisión Seleccionadora formada por Mª. Dolores Landeira Liñares (presidenta), Vera Lucía Antelo Suárez (secretaria) e Ana Ares Quintáns (vogal).

A Alcaldía é competente para resolver segundo o art. 21.1 g e h da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Por todo isto, a Alcaldía RESOLVE:

1.    Aceptar a proposta da Comisión Seleccionadora para contratar a persoa que substituirá a animadora cultural do Concello da Baña, e tendo en conta as Bases aprobadas pola resolución da Alcaldía con data do 25 de setembro de 2014.

2.    Tras a renuncia presentada pola persoa que acadou a mellor puntuación:

Nome DNI
Aparicio Granja, M.ª Adelaida 44834310L

 

Contratar para substituír a animadora cultural do Concello da Baña, e a partir do 12 de novembro de 2014, a persoa que, por orde de puntuación, figura como primeira suplente:

Nome DNI
Mantilla García, Vanesa 44846411E

 

3. Publicar esta resolución na páxina web do Concello con réxime de recursos para os efectos de notificación ás persoas que participaron neste proceso.

A Baña, 13 de novembro de 2014

Dou fe.

O alcalde                                                                   A secretaria-interventora

José Andrés García Cardeso                                   Olga Dourado González