O Concello da Baña ten prevista a contratación temporal de 7 persoas en situación de desemprego, con cargo a diferentes axudas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. En concreto, os postos de traballo que se ofertarán a través do Servizo Galego de Colocación son os de socorrista (1), tractorista (1), oficial de segunda (2) e peón de obras públicas (3).
As persoas interesadas en optar a algunha destas prazas deberán estar inscritas como desempregadas no Servizo Galego de Colocación, na categoría correspondente, no momento da convocatoria.