A Deputación da Coruña un curso de coordinación de servizos de socorrismo acuático, a través do proxecto EIXO do Plan de Emprego Local, do que poderán beneficiarse mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos. Trátase dunha acción formativa acreditada polaque se expedirá o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 3 logo de cumprir os requisitos previstos no itinerario.
O curso conta cun total de 15 prazas, ás que pode optar a poboación xove de entre 16 e 30 anos empadroada en concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes. No caso do Concello da Baña, aquelas persoas que estean interesadas en anotarse deberán facelo antes do 14 de novembro na Axencia de Desenvolvemento Local, onde tamén deberán dirixirse para informarse sobre o proxecto (teléfono: 981 886 777).
O obxectivo deste curso é aprender a coordinar os recursos e a loxística dos servizos de socorrismo en espazos acuáticos, supervisando instalacións e recursos humanos e garantindo que se preveñan situacións perigosas, se vixíen as zonas de baño e se realicen, en caso de ser preciso, intervencións de salvamento. Pero ademais, o curso conta cunha formación complementaria sobre sensibilización en igualdade de oportunidades; formación en idiomas (Inglés A1/A2); fomento das novas tecnoloxías da información e comunicación; alfabetización informática e redes sociais; e orientación para a busca de emprego.
Podes obter información máis información sobre o Proxecto EIXO do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña neste enlace.