O Concello da Baña celebra este sábado, 9 de marzo de 2019, o desfile de carrozas e comparsas de Entroido. As celebracións comezarán as 17.00 horas e están abertas a todas aquelas persoas que desexen participar. O desfile sairá da praza do Concello e dirixirase ata o polideportivo municipal pola rúa Tedelle. Os cortes de tráfico afectarán á Praza do Concello e á rúa Xacinto Rodríguez de 16.30 a 18.00 horas. As inscricións faranse de forma presencial o día do desfile.
Os festexos que pechan o Entroido da Baña comezarán este sábado ás 17.00 horas na Praza do Concello. Para participar é preciso aceptar as bases do concurso e anotarse o mesmo día do evento antes das 16:00 horas na Casa Consistorial, ou no teléfono 981 886 501. Os participantes dividiranse nas categorías de individual, parella, comparsa e carroza. Os gañadores por parellas e individuais, conseguirán 70 euros de premio. No caso das comparsas e as carrozas, o 1º premio será de 400 euros, o 2º de 200 euros, o 3º de 100 euros e o 4º de 75 euros. Repartiranse en total máis de 700 euros.
O xurado estará composto por 3 persoas como mínimo e sempre en número impar. A súa valoración basearase na orixinalidade, elaboración e acabados, adaptación e interpretación da temática escollida polos participantes.
Por outra banda, a cativada poderá gozar das actividades organizadas no polideportivo. Os cortes de tráfico afectarán á Rúa Xacinto Rodríguez dende as 16.30 ata as 18.00 horas.