O Concello da Baña comunícalle a toda a cidadanía que, con motivo do Entroido, que terá lugar o 29 de febreiro, está prohibido aparcar dende as 15.00 ata as 20.00 horas do propio sábado nas rúas Xacinto Rodríguez e Rosalía de Castro, así como circular dende a rotonda que está á entrada da Baña ata o cruce de San Vicenzo.
A Alcaldía agradece a colaboración de toda a veciñanza para que retire os seus vehículos de toda a zona afectada coa suficiente antelación; isto é, non debe haber ningún vehículo aparcado nestas rúas e as persoas que teñan garaxe deberán prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa nesa franxa horaria.
Por outro lado, o Concello dá as grazas anticipadas por respectar toda a sinalización que se vai colocar nos días previos ao sábado 29 de febreiro.
Máis información do Entroido 2020 neste enlace.