Persoas beneficiarias: persoas con fillas ou fillos nacidos entre o 02/01/2012 e o 01/01/2015.

Requisitos:

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

 

Contía da axuda:

  • Primeira filla ou fillo: 360 euros
  • Segunda filla ou fillo: 1.200 euros
  • Terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400€

 

Prazo: ata o 7 de outubro de 2015

Información e tramitación: Servizos Sociais do Concello onde estean empadroados.