ANUNCIO DA ALCALDÍA SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO, MATERIAIS CURRICULARES E MATERIAL DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO

José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña,

comunícalle a todas as familias con fillos e fillas que vaian cursar no curso 2010-11 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria e educación especial que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para adquirir libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario.

Destinatarios: Alumnado de 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria e educación especial, de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros.

Prazo e lugar de solicitude: ata o 30 de xuño nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.

Información:

  • www.edu.xunta.es , ligazón de gratuidade solidaria de libros de texto     
  • centros educativos
  • Concello da Baña: 981 886 501 (educadora familiar)

A Baña, 1 de xuño de 2010

www.edu.xunta.es/web/node/979