Orde do 20 de febreiro de 2013, pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión (DOG 06/03/2013)
Requisitos:
- Estar matriculado/a no curso 2012/2013, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
- Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
- Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
- As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2013.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.
Quedan excluídos/as desta convocatoria:
- O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
- O alumnado que durante o curso 2012/2013 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país no que se está a desenvolver o devandito programa.
O prazo de presentación de solicitudes: desde o día 7 de marzo de 2013 ata o día 6 de abril de 2013
Máis información:
http://www.edu.xunta.es/web/node/8785
Educadora familiar do Concello da Baña