• O venres 24 haberá unha exhibicion presencial de xadrez de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo

  • O prazo de inscrición remata o martes 28 de setembro

ESCOLAS DEPORTIVAs 2021 2022 boa

As Escolas Deportivas municipais abren esta semana as súas portas para que o alumnado interesado poida coñecer e probar a ver se lle gustan as distintas modalidades que se ofertan neste curso 2021-2022. As probas realizaranse nos horarios e espazos nos que está previsto que se desenvolvan as clases ao longo do curso.

A estas primeiras clases sumarase o vindeiro venres, 24 de setembro, unha exhibición de xadrez, que terá lugar de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo de San Vicenzo. Hai que lembrar que a actividade se vai desenvolver en liña durante o curso. 

A inscrición nas Escolas Deportivas está aberta ata o martes 28 de setembro. Debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitíndoo por correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. xunto coa documentación requerida. Tamén se pode entregar na Concellaría de Deportes.

Os outros documentos que hai que cubrir e entregar son a domiciliación bancaria, a declaración responsable e a autorización de imaxe. Todos eles pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable para poder cubrilos no ordenador e, de querelo así, remitilos á sede electrónica do Concello da Baña.

O prezo xeral de matrícula é de 60 euros por modalidade e temporada. Hai descontos por número de irmáns ou por asistir a varias actividades.