• A carreira, non competitiva, sairá ás cinco da tarde da Praza do Concello

  • Anímase ás persoas participantes a acudir disfrazadas para cubrir un percorrido de catro quilómetros

Copia de Baña San Silvestre 2021 1920 x 1080 px 1

O Concello da Baña despedirá o ano este 31 de decembro coa celebración da súa primeira San Silvestre, unha carreira de catro quilómetros non competitiva que se organiza coa idea de fomentar hábitos saudables combinando a práctica deportiva e a diversión. Por este motivo, anímase a todas as persoas participantes a que acudan disfrazadas á saída, programada para as 17.00 horas dende a Praza do Concello.

As persoas interesadas en correr esta I San Silvestre da Baña deberán inscribirse previamente mandando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou un wasap ao número de teléfono 669 368 413. Nas súas mensaxes terán que facer constar nome, apelidos, DNI e número de teléfono. Os menores de 12 anos deberán correr na compaña da súa nai, pai ou un/ha titor/a.

Seguindo as recomendacións fronte a Covid 19, a saída efectuarase coa máscara posta e só poderá baixarse unha vez se logre manter a distancia interpersoal de metro e medio co resto das/os corredoras/es. Dende a organización da carreira, lembráselle ás persoas participantes que se aplicarán os protocolos de seguridade acordados polas autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia e que terán que cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas