• A Baña dispón de tres prazas na quenda que vai do 3 ao 8 de xullo //

  • As solicitudes deberán presentarse no Concello ata o 20 de maio //

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2022. Están dirixidos a rapazas e rapaces de entre 9 e 14 anos e celebraranse nas instalacións do instituto Rosalía Mera, na Coruña. Ao Concello da Baña concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 3 ao 8 de xullo. As inscricións realizaranse na casa do concello ata o 20 de maio.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2022

  • Lugar: Instalacións do IES Rosalía Mera, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña.
  • Datas: do 3 ao 8 de xullo de 2022.
  • Destinatarios: rapaces/as de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano.
  • Programación: actividades e xogos ao aire libre e nas instalacións do instituto; deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
  • Prezo: 85 €
  • Inclúe: transporte interno, estadía, manutención e actividades.
  • Número de prazas: 3. Teñen preferencia as/os rapazas/es que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. No caso de ter máis solicitudes que prazas, o Concello realizará un sorteo público diante do secretario.
  • Inscrición: no Concello da Baña ata o 20 de maio.  

Atoparedes máis información e a ficha de inscrición no arquivo adxunto.